ACTIVIDADES

O 21 de xullo, ás 6 da tarde, celebrouse unha encantadora actuación para nenos a cargo de María Faltri Picadiscos nos campos de Alongos. O evento desenvolveuse nunha contorna natural privilexiada, debaixo dunha arboleda no campo da festa de Alongos, proporcionando un ambiente fresco e agradable para todos os asistentes.

ACTO  que contou co patrocinio da Xunta de Galicia, e a colaboración de Asociación cultural Fanfarria, ADERCOU, Concello de Toén, Comunidade de Montes e Comisión de Festyas de Alongos.


Xornada de Limpeza e Convivencia nos Campos de Alongos: 

A pasada fin de semana, os campos de Alongos foron testemuñas dunha xornada exemplar de limpeza e convivencia organizada por Maby e coa colaboración da Comunidade de Montes, onde un grupo de voluntarios uníronse para embelecer e coidar as nosas instalacións, a contorna natural e as áreas deportivas.

Dende as primeiras horas da mañá, os voluntarios dedicáronse con entusiasmo á limpeza de diversas áreas, intentando que cada recuncho dos campos quedase impecable. Este labor non só mellorou o aspecto visual do lugar, senón que tamén contribuíu á preservación do medio ambiente e a fomentar o respecto pola nosa contorna natural. O remate procedeuse a plantar unha árbore para recordar o día.

A xornada non só centrouse no traballo. Os participantes tamén puideron gozar dunha variada oferta de actividades recreativas. A música animou o ambiente, creando unha atmosfera festiva que motivou a todos os presentes. Os máis pequenos, e algúns non tan pequenos, divertíronse cos inchables, mentres que outros optaron por unha relaxante experiencia en kaiaks.

Ademais, a xornada incluíu un momento para compartir deliciosas viandas que axudaron a repoñer forzas despois do arduo traballo. Este espazo foi ideal para fomentar a convivencia entre os veciños. 

Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento ás empresas colaboradoras, cuxo apoio foi fundamental para o éxito desta actividade, tanto para a provisión de alimentos e bebidas como regalos para o sorteo celebrado. Coren, Begoña co seu espectáculo musical, Panadería Fernández, Viña Costeira, Castro Casado, AECC, Montse Alvarez, La próxima Aventura......

Grazas a todos os asistentes  pola súa participación e compromiso! 

REMATOU O SEGUNDO SEMINARIO IMPARTIDO POLA ESCOLA DE HOSTELERIA NO LOCAL DA COMUNIDADE DE MONTES. GRACIAS A ADERCOU E AO CONCELLO DE TOEN POLA XESTION DO CURSO, A ESCOLA DE HOSTELERIA DE OURENSE E OS SEUS PROFESORES E DENDE LOGO OS ASISTENTES POLA PARTICIPACION.  ATA O PROXIMO.

CURSO DE XIMNASIA: O CONCELLO CONVOCA OS CURSOS DE XIMNASIA PARA A TEMPADA 2022/2023. OS ITERESADOS DEBERAN FORMALIZAR A INSCRIPCION NO CONCELLO.

seminario elaboracion de conservas.pdf

Novo Seminario de actividades. Elaboración de conservas. No local da Graveira propiedade da comunidade de montes AGRELA o día 23/9/2022. 

Patrocinan ADERCOU e Concello de Toén. 

CINE DE VERAN . VOLVE O CINE DE VERAN O DIA 27/8/2022. A PELICULA "LIVE IS LIVE" AS 22:30 NA GRAVEIRA

CARTEL XABON CON DATOS.pdf

Non podía faltar nas festas o partido de Solteiros contra casados. Parabéns aos rapaces pola victoria.

XIMNASIA 22.23.pptx
PARTICIPANTES SEMINARIO DE XABONS .pdf

Hoxe dia 26/7 tivo lugar a actividade de seminario de elaboración xabóns no local da Graveira. Agradecer a ADERCOU e a ESCOLA DE HOSTELLERIA esta actividade que foi moi ben valorada polos asistentes.