NOTICIAS
DIA 1 DE XUÑO DE 2024.
XORNADA DE CONVIVENCIA E LIMPEZA DOS CAMPOS DE ALONGOS
Aplaudir a iniciativa veciñal que pretende xuntar aos veciños para pasar unha xornada de festa e convivencia e o mesmo tempo facer traballos de limpeza e acondinamento de espazos nos campos de Alongos.
E convinte acudir con roupa cómoda, traer guantes e tamén algunha ferrramenta para axudar nas labores de limpeza e recollida de lixo.
Haberá actividades para nenos con hinchables, kayaks, música en directo e incluso un sorteo.
Non o perdas. Anótate mandando un correo a Mabbyqrt@gmail.com ou agrelacmv@gmail.com
¡¡¡¡¡ VEMONOS AS 9, 30 HORAS ¡¡¡¡¡
XA TEMOS O PROGRAMA DAS FESTAS DE ALONGOS DE 2023. AGRADECER A COMISION DE FESTAS O ESFORZO REALIZADO PARA CONFECCIONAR ESTE VARIADO PROGRAMA E DESEXAR QUE OS VECIÑOS E VISITANTES PASEN UNHAS BOAS XORNADAS DISFRUTANDO NO NOSO POBO.
¡¡¡¡¡¡ VAMOS ¡¡¡¡
CONVOCATORIA ASEMBLEA COMUNEIROS 25/6/2023.
O vindeiro domingo, as 11,30 teremos unha reunión de comuneiros. Poñemos o orden do día para o seu coñecemento:
PODA NOS CAMPOS DE ALONGOS:
Comunicamos a veciños e comuneiros dunha actividade importante que estamos a levar a cabo nos campos de Alongos. Co gallo de velar pola seguridade de todos, programouse un proceso de poda de árbores no entorno do campo.
Cada vez era mais frecuente a caida de ramas, sobre todo os días de con tempo ventoso.. Algúns exemplares presentan pólas secas e o seu estado xeral pode considerarse perigoso. Polo tanto, dende a Xunta Rietora acordamos tomar medidas preventivas para evitar calquera risco potencial. Para elo contratamos unha empresa especializada que está realizando a poda selectiva da zona. Os traballos estanse a realizar, polo que certas zonas poden quedar pechadas para garantir a seguridade dos veciños. Pedimos disculpas e comprensión de todos.
CORTA DE ARBOLES NO COMUNAL. Debido a problemas de recepción da sinal de TV, que afectaba sobre todo a Freixendo, a petición do Concello e informe técnico que sinalaba a altura dos árboles cercanos a antena, como posible causa da mala recepción da sinal, formulamos solicitude e posterior autorización de Medio Rural para cortar unhos carballos en esa zona que poderían ser a causa do problema. A leña quedou trozeada e pode ser retirada polos comuneiros para uso privado.
Catálogo galego de árbores senlleiras, solicitude para incluir o noso plataneiro
Formulamos petición a Xunta de Galicia, o amparo do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, para que sexa recoñecido como árbore senlleira o platanero que temos no noso campo de Alongos. Si logramos dito recoñecemento, pasaría a formar parte do catálogo galego de árbores senlleiras. Deixamos a continuación a petición formulada.
Domingo 4 de Xuño . Ruta circular de 6 km, na que camiñaremos a beira do Río Miño, entre viñedos...
Organiza: Móvete por Toén.
hora de saida: 10:00 Local da Graveira de Alongos
Levade 🥾 calzado adecuado. ubicación de saída: https://maps.app.goo.gl/VrBz6XoDCuGZRa4F6
Opción comida no local ao rematar (baixo reserva)...... Teléfonos para a reserva: 620122442
Menú 10€-ensaladilla -polo -bica (Inclúe auga e pan.)
Rematou o mural do local. Xa podedes pasar a velo
.
O CEA NO LOCAL DA GRAVEIRA O DIA 27 DE MAIO.
ORGANIZA A COMISION DE FESTAS DE 2023
A Comisión de festas de 2023 está a organizar unha cea para o vindeiro 27 de Maio no local da Graveira. Deixamos información do cartel. Grazas os organizadores e moita sorte.
Traballos no mural do local da Comunidade de Montes.
Como se pode ver, xa empezaron os traballos para pintar a fachada do local da comunidade de Montes. O fin de semana, dias 14 e 15 de Maio intentarán rematar os traballos. Bó momento para acercarse e ver traballar a estos profesionais en directo.
MADEIRA PARA RECOLLER DA LIMPEZA DO MIÑO. Os veciños poden recoller os restos da poda e corta de madeira que están efectuando a empresa encargada pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, da limpeza das orillas do Miño nos Campos de Alongos. Está previsto que deixen madeira para recoller ata o vindeiro xoves. O lugar de recollida está o lado do local da Graveira.
LIMPEZA MARXEN DO RIO MIÑO NOS CAMPOS DE ALONGOS. A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, está a levar a cabo traballos de limpeza da marxen do rio que trascurre polos campos de Alongos. Esta actuación foi solicitada pola comunidade de Montes despois da última crecida do rio, A solicitude pedía que por parte da Confederación Hidrográfica do Miño Sil, se fixera unha limpeza das márxes do rio e que se retirara sobre todo aqueles árbores en mal estado que poideran ser peligrosos en zonas de paso.
COCIDO DE CARNAVAL ORGANIZADO POLA COMISIÓN DE FESTAS DE ALONGOS
O día 19 de Febreiro as 14,30, a Comisión de Festas elaborou un cocido no Local da graveira, con motivo do Carnaval, para os veciños e amigos que quixeron asistir. Felicitar a Comisión de festas pola boa organización e por suposto polo exquisito cocido que se poido degustar. Moito ánimo para a Comisión de festas que están a realizar un gran traballo. Deixamos unhas fotos do evento. (>>Doble click para velas todas)
Con motivo das festas de Alongos, a comunidade de Montes solicitou a ADERCOU a colaboración da Xunta de Galicia para que aportara algún evento de ocio nas festas. A solicitude foi atentdida e o día 19 de Agosto as 20:00 a compañía de Títeres Cachirulo, na pista de Fútbol Sala, fará unha representación do seu espectáulo "Xela contra o Dragón Traga-verbas" ¡¡¡¡ CONTAMOS CON VOS ¡¡¡¡
CONVOCATORIA ASEMBLEA COMUINEIROS PARA O DIA 11.8.2022.
AVISO AOS COMUNEIROS.
Tal como se quedou na última asamblea e para evitar gastos de correos nas convocatorias, os comuneiros poden recibir as notificación da convocatoria e informacións, na súa dirección de correo ou en outra que propoñan. Para elo deben enviar un correo a dirección : agrelacmv@gmail.com, poñendo o nome do comuneiro e dando o seu consentimento para recibir en adiante as convocatorias e resto de información que se considere de interés en dita dirección de correo electrónico.